Chus fai colección de broches, que gosta de levar con ela. Podedes ver un albun no que hai fotos feitas co mobil, de cada vez que me cruzo con ela.
Así que como che prometín, aqui tes unha especie de albún, do que tes levado e do que espero que leves. Un bico.... ou sete...
sexta-feira, 25 de janeiro de 2008
Chus, Broches de (1)
CONCIENCIACION NOS COLES
A Asociación de troiteiros “RIO FURELOS” de Melide prosigue co seu labor de concienzación sobre a conservación do medio ambiente, (en especial dos rios pola conta que lle trae); iniciando unha serie de charlas.
Primeiro foi a presentación, da exposición fotográfica sobre o desastre ecolóxico no RIO CATASOL o pasado 11 de setembro de 2007. Nesta charla o concello de Melide a traves do Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Prado, deu a coñecer a decisión do Concello de Melide de se presentar como acusación particular contra o autor do verquido de zurro.
Continuando polos Centros de educación infantil e primaria do concello de Melide. O Mércores desta semán tocoulle o Colexio da Martagona, tamén coñecido como “número dous”.
Nesta Charla, conducida polo vocal de medio ambiente da “ASOCIACIÓN DE TROITEIROS RIO FURELOS” (Xan Pérez), o Vicepresidente da Asociación (Xurxo Pazo), e os propios mestres, que se implicaron coma se tiñan que implicar; Proxectáronse dous documentos audiovisuais; o primeiro sobre o desastre ecoloxico no rio Catasol e o segundo, sobre as xornadas de limpeza nos rios Furelos, Martagona e Vilamor no verán pasado.
Despois da proxección dos documentos, os nenos convertíronse en metralletas que disparaban preguntas. Preguntas que ivan directamente ó que non é comprensible: ¿Por qué quixo ese señor matar as troitas?, ¿Ese señor está no carcere?, ¿Porqué ainda non pagou?. ¿Quén tira os coches no rio?......... etc…..
Nos Proximos días, os troiteiros seguiran con esta exposición no colexio “Pastor Barral” e no colexio Nº 1 de Melide; continuando así co seu labor de concienzación.

Primeira Troita

Despois de vir participando en todas XORNADAS DE LIMPEZA DO RIO FURELOS, e a base de escoitar aos sufridos troiteiros.
Pouco a pouco foime picando a min esa miñoca que parece que sae do estomago, cada vez que che pica algún deses vertebados acuáticos.
De tal xeito, que non hai moito, fun cos troiteiros Xavier e Xurxo a un embalse cerca de Ordes. As nove da maña xa estabamos alí............; nos, as troitas e a xeada. A auga que viña pegada ó sedal quedábase conxelada na punta da caña facendo que o burato polo que pasaba o sedal era cada vez mais pequeno. Pouco pesquei esa maña, pero ahi a tarde como podedes ver a foto, todo cambiou. 1.6Kg
HOLA
A Ver.
De aqui non son, pero cheguei e estou.
Espero que vos guste este blog no que pretendo recoller as esperiencias que me fai vivir Melide

Subscrever:
Mensagens (Atom)