sexta-feira, 25 de janeiro de 2008

CONCIENCIACION NOS COLES


A Asociación de troiteiros “RIO FURELOS” de Melide prosigue co seu labor de concienzación sobre a conservación do medio ambiente, (en especial dos rios pola conta que lle trae); iniciando unha serie de charlas.

Primeiro foi a presentación, da exposición fotográfica sobre o desastre ecolóxico no RIO CATASOL o pasado 11 de setembro de 2007. Nesta charla o concello de Melide a traves do Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Prado, deu a coñecer a decisión do Concello de Melide de se presentar como acusación particular contra o autor do verquido de zurro.

Continuando polos Centros de educación infantil e primaria do concello de Melide. O Mércores desta semán tocoulle o Colexio da Martagona, tamén coñecido como “número dous”.

Nesta Charla, conducida polo vocal de medio ambiente da “ASOCIACIÓN DE TROITEIROS RIO FURELOS” (Xan Pérez), o Vicepresidente da Asociación (Xurxo Pazo), e os propios mestres, que se implicaron coma se tiñan que implicar; Proxectáronse dous documentos audiovisuais; o primeiro sobre o desastre ecoloxico no rio Catasol e o segundo, sobre as xornadas de limpeza nos rios Furelos, Martagona e Vilamor no verán pasado.

Despois da proxección dos documentos, os nenos convertíronse en metralletas que disparaban preguntas. Preguntas que ivan directamente ó que non é comprensible: ¿Por qué quixo ese señor matar as troitas?, ¿Ese señor está no carcere?, ¿Porqué ainda non pagou?. ¿Quén tira os coches no rio?......... etc…..

Nos Proximos días, os troiteiros seguiran con esta exposición no colexio “Pastor Barral” e no colexio Nº 1 de Melide; continuando así co seu labor de concienzación.


Sem comentários: