
Despois de vir participando en todas XORNADAS DE LIMPEZA DO RIO FURELOS, e a base de escoitar aos sufridos troiteiros.
Pouco a pouco foime picando a min esa miñoca que parece que sae do estomago, cada vez que che pica algún deses vertebados acuáticos.
De tal xeito, que non hai moito, fun cos troiteiros Xavier e Xurxo a un embalse cerca de Ordes. As nove da maña xa estabamos alí............; nos, as troitas e a xeada. A auga que viña pegada ó sedal quedábase conxelada na punta da caña facendo que o burato polo que pasaba o sedal era cada vez mais pequeno. Pouco pesquei esa maña, pero ahi a tarde como podedes ver a foto, todo cambiou. 1.6Kg


Sem comentários:
Enviar um comentário